28/02/10

28 de Febreiro, "Día de Andalucía" (III)

Hoxe, 28 de de febreiro a Comunidade Autónoma de Andalucía celebra o seu día. O parlamento andaluz escolleu por unanimidade esta data para conmemorar o referendo de 1980 polo Andalucía accedeu á súa autonomía plena como nacionalidade histórica.

Os tres centros (IES Século XXI de Sevilla, IES Vallecas Magerit de Madrid e o IES Afonso X O Sabio) que desenvolvemos o Programa ARCE "A Biblioteca Escolar como recurso documental e punto de encontro" tamén nos sumamos a esta celebración.
Para iso deixámosvos un vídeo co seu himno e unha selección de vídeos de Sevilla, cidade que pronto visitaremos.




27/02/10

28 de febreiro, "Día de Andalucía" (II)


Como outra das actividades relacionadas co Día de Andalucía, o alumnado e o profesorado de 3º da ESO do IES Siglo XXI de Sevilla prepararon unha magnífica selección de poemas de autores andaluces. Esperamos que vos gusten:

26/02/10

O que estou lendo paréceme (VIII): Crepúsculo

Stephenie Meyer. Crepúsculo. Un amor peligroso. Alfaguara, 2008.




Este libro conta como unha rapaza (Bella) vaise vivir a Forks, unha vila onde o seu pai é shérif. Alí todo lle parece moi aburrido ata que un día coñece a Edgar, un rapaz diferente…

Esta novela gustoume moito porque mistura moi ben o romance co que parecía unha historia de vampiros “normal”.

Por iso, recomendaríao á xente que lle gusten estes dous xéneros tan diferentes.



Eva Montero, 1º ESO F

23/02/10

Un cerebro, unha biblioteca

Unha biblioteca é un cerebro, ou cada cerebro é unha biblioteca?. A gozar:




LIBRARY from singsfish on Vimeo.



Vía Frikitecaris

21/02/10

28 de febreiro "Día de Andalucía" (I)

O día 28 de febreiro é o día de AndalucíaComo todos e todas sabedes, estamos realizando un proxecto co IES Vallecas Magerit (Madrid) e co IES Século XXI de Sevilla. Trátase dun proxecto interdisciplinar ao redor da biblioteca escolar dos nosos respectivos centros e realízase dentro do Programa ARCE do Ministerio de Educación. As dúas Comunidades Autónomas están moi presentes no noso centro e na nosa biblioteca, pero o 28 estará dedicado a Andalucía. Desde aquí, desexamos a todo o alumnado e profesorado do IES Século XXI unha feliz xornada. Adxuntamos información sobre a Comunidade Autónoma andaluza que nos enviaron os coordinadores do centro sevillano.


Andalucía

10/02/10

Fernando Lalana no centro


Dentro de la actividad “Encuentros con autores”, el 9 de febrero nos visitó Fernando Lalana, autor de muchos libros de literatura juvenil. En el Salón de Actos fue presentado por la jefa del Departamento de Lengua Castellana. Habló a los alumnos de 4º de ESO de La tuneladora (recordad la opinión ya publicada en Biblioafonso de Diego Pazos), libro que practicamente todos y todas habían leído previamente.
Respondió, con amabilidad y paciencia infinita, a las numerosas preguntas que le formularon y firmó ejemplares a muchos alumnos que lo requirieron (eso sí, no firmó autógrafos a quienes se lo solicitaron porpque para eso ya están los futbolistas).
Tras la charla visitó la Biblioteca, donde fue recibido por el Dinamizador de la misma, que le mostró una pequeña exposición de su obra, que, junto con un cartel (el que está al inicio de esta entrada) y unos trípticos con su producción literaria presente en los fondos de la biblioteca, fueron elaborados con ocasión de su visita.

Nos consta que la impresión del autor, acerca de los actos en general y de la Biblioteca en particular, fue agradabilísima. Igualmente las opiniones del alumnado sobre el libro (La tuneladora) y sobre el autor fueron excelentes.

Durante la charla, Fernando Lalana nos permitió grabar los siguientes videos. En el primero responde a la pregunta de si escribe pensando en que la obra se pueda llevar al cine (recordad el éxito de Morirás en Chafarinas):




Otra pregunta que le hicieron fue hasta qué punto él, como autor, se ve reflejado en sus personajes (durante la respuesta se mostró sorprendido por el paso de un tren):







MUCHAS GRACIAS, FERNANDO

08/02/10

Club de Lectura 2010

( Ilustración de Safo)



Como outros anos -e van tres-, este curso volvemos a poñer en marcha o noso Club de Lectura de "O Bosque Animado", igual que en tantos outros institutos e colexios de Galicia.

Seis docentes de cinco departamentos distintos coordinaremos desde agora ata final deste curso esta actividade que pretende atraer ao maior número posible de persoas. Do que se trata é de ler libros, de ficción ou non, coa pretensión de compartir esa lectura, enténdase por isto o que se queira...

O Departamento de Francés comezará primeiramente co libro La vie de ma mère, de Thierry Jonquet. Dúas profesoras do Departamento de Inglés farán outro tanto coa obra Scotland, do escritor Richarad MacAndrew, do cal temos na nosa biblioteca títulos como A puzzle for Logan, Logan´s choice, etc.. Ambos departamentos pasarán máis adiante á lectura doutras obras...

O Departamento de Lingua Castelá centraráse nun clásico de Valle-Inclán, como é a coñecida Sonata de otoño, mais tamén nunha novela de éxito da periodista Rosa Montero: Historia del rey transparente (con CD musical incluído).

Pola súa parte, o Departamento de Relixión Católica coordinará ao tempo dous grupos debido á gran cantidade de persoas que quixeron unirse a este proxecto. Ambos grupos lerán dúas obras: Ibrahim e as flores do Corán, traducción ao galego da obra do recoñecido autor francés Eric-Emmanuel Schmitt, e El caballero de la armadura oxidada, archicoñecido e mil veces editado libro de Robert Fischer.

Para acabar, o Departamento de Filosofía -ou algo parecido a iso-, dará inicio en breve á lectura de Vida de este chico, relato autobiográfico novelado do escritor de contos estadounidense Tobias Wolff. Se o grupo sobrevive a esta embestida, ese departamento continuará con outras propostas, de Wolff (Vieja escuela), e talvez doutros, e non necesariamente escritores...

Boa caza...

06/02/10

Novas adquisicións: Por qué Beethoven tiró el estofado


Steven Isserlis é un famoso violoncellista que nesta ocasión vai escribir sobre uns autores que realmente adora. A súa linguaxe é coma a dun neno que se sinte abraiado por uns seres que viviron noutras épocas pero seguen a estar presentes nas nosas vidas na actualidade.


Normalmente estes compositores (Bach, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms e Stravinsky) saen retratados nos libros coma personaxes serios, cheos de pensamentos profundos e de intelectualidades varias. Porén, neste libro, Isserlis vai á anécdota, ao detalle. Porque Isserlis pensa nos grandes xenios da música coma seres comúns, coas súas filias e fobias, con todas as súas particularidades. Precisamente destaca as pequenas cousas que son as que fan a estas personaxes inconfundíbeis.


Este libro está composto por sete contos protagonizados por un xenio da música representativo de cada época. Por outra banda, o libro non deixa de ter unha certa inclinación á prensa rosa. Se alguén está interesado nos cotilleos, este vai ser un gran libro para alimentalos.


Por qué Beethoven tiró el estofado léese dunha sentada. É claro, conciso e cheo do apaixoamento que sinte o seu escritor por unhas persoas que, case de casualidade, son compositores.

O que estou lendo paréceme (VII): La tuneladora

Fernando Lalana. La tuneladora. Bambú



Todo comienza con la extraña desaparición del ingeniero principal y responsable de la tuneladora que perfora los túneles del metro, Andrés Olmedo. Los padres de éste, inquietos por lo que le ha ocurrido a su hijo, deciden contratar a un detective privado, Fermín Escarpín, que gracias a su pericia y alguna ayudilla consigue resolver el caso satisfactoriamente, rescatando a Andrés Olmedo, metiendo a los culpables en la cárcel (excepto marino Espuertas, que acaba en un manicomio) y descubriendo la existencia de un gas nazi, conocido como el agente púrpura, capaz de enloquecer a cualquier persona.

Un libro interesante y emocionante que mezcla intriga con humor y de lectura fácil, recomendable para aquellas personas que disfruten leyendo novelas policíacas, y también para aquellas a las que no les guste leer mucho, debido a que su facilidad de comprensión les puede resultar atractiva

Diego Pazos Castro 4º B

03/02/10

Concerto pola Paz na Biblioteca

Co gallo da conmemoración do "Día da paz", o venres 29 de Xaneiro de 2010, realizouse un concerto pola paz na Biblioteca O Bosque Animado. Tocáronse dúas pezas musicais: O alumno de 4º ESO Diego Pazos interpretou no piano a Serenade de Schubert, autor romántico e un dos principais compositores austríacos de todos os tempos. Esta peza presenta unha sinxela estrutura con dous temas principais, ambos de gran inspiración melódica, enriquecidos por sutís harmonías que lle achegan unha maior expresividade.

A continuación, Beatriz Alonso e Isabel de la Puente tocaron un dúo para chelo e piano, "Prayer", obra de Ernst Bloch, autor do século XX, inspirada en melodías xudeas.

01/02/10

A frase do mes: Xabier P. Docampo


"Hai, desde logo, unha situación ideal, aquela na que os pais son lectores. Nun ambiente de lectura poden crecer os lectores como fungos nun ambiente de humidade. Multiplícase o desexo de ler. Deixo a un lado os casos dos pais tan lectores que pensan máis nos libros que nos seus fillos e estes non queren saber nada de lectura nin que que os aspen. Mais sabemos moi ben que o caso de pais xeradores do desexo de ler pola vía do exemplo é totalmente excepcional e resultaría unha mala desculpa dicir que, como na casa non hai ambiente lector, este neno xa non lerá".

Cita recollida de Xavier Seoane. Ditos sobre o libro e a lectura. 2009, A Coruña, páx. 27.